Skip to main content

Santiso Miramontes asiste á presentación da Guía de Viños, Augardentes e Bodegas de Galicia 2004-2005

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes asistiu á presentación na Casa de Galicia en Madrid da “Guía de Vinos, Aguardentes e Bodegas de Galicia 2004- 2005”, na que se proporcionan datos de preto de 1.000 marcas de viños brancos e tintos, así como de 400 bodegas.

Santiso Miramontes destacou a importancia da actividade vitivinícola para Galicia salientando que “a produción anual acollida ás denominacións de orixe é próxima aos 30 millóns de litros, que teñen un valor económico estimado superior aos 130 millóns de euros, o que sitúa ao viño no primeiro produto en importancia do subsector agrícola galego, con un 9,7% da Produción Final Agraria”.

Ademais, o titular de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural explicou que “o volume de ventas destinado á exportación ascendeu no 2004 aos 17,7 millóns de euros, uns 6 millóns de euros máis que na temporada pasada, e con destino a Estados Unidos, Angola, Reino Unido, Portugal, Alemaña e Suiza”.

Santiso Miramontes tamén fixo mención á denominación de orixe Augardente de Galicia, que “acolle a 103 produtores e 34 industrias e que producen uns 256.000 litros anuais, por un valor estimado superior aos 3 millóns de euros”.

ACTUACIÓNS

Por todo isto “as accións da Administración galega van dirixidas prioritariamente nos últimos anos a incentivar a reconversión de viñedos, fomentando a implantación de variedades autóctonas; a colaboración na incorporación de innovacións técnicas e mellora de instalacións e a potenciación do papel dos consellos reguladores das denominacións de orixe”, explicou José Antonio Santiso Miramontes.

A Guía, que se concibiu como un libro de consulta para profesionais e amantes do mundo do viño, recolle mais de 400 notas de cata realizadas por los sumilleres de la Asociación de Sumilleres Gallaecia, destacando unha selección de Viños Distinguidos. A obra complétase con ensaios divulgativos asinados por personalidades do mundo do viño e un vocabulario especializado.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia