Skip to main content

Premio Antón Fraguas no centenario do seu nacemento

1.-Poderán participar tódalas persoas que o desexen , sempre que presenten escritos orixinais e inéditos en lingua galega, sobre temas, históricos, antropolóxicos, etnográficos,cinguidos ó ámbito territorial galego.
2.-A extensión dos escritos é ilimitada . Deberán ser presentados por quintuplicado, en formato DIN A 4 mecanografado a dobre espacio e por unha soa cara.
3.-Os orixinais serán enviados por correo certificado, baixo plica, á Asociación Canón de Pau. Aptdo 372 36080 (Pontevedra), indicando no sobre:
II Premio “Antonio Fraguas“ de Investigación
O prazo para a recepción de orixinais rematará o día 15 de setembro de 2005.
5.-Establécese un único premio, consistente en 3.000 euros que será outorgado ó ensaio que reúna suficientes méritos cientificos. O premio poderá ser declarado deserto.Así mesmo, o xurado poderá facer unha mención, que non conlevará remuneración económica, doutro orixinal.
6.-As institucións convocantes resérvanse tódolos dereitos sobre o traballo gañador, incluido o da publicación sen limitación de exemplares nin de edicións, con expresa reserva dos dereitos de edición en calquera lingua, que poderá ceder a terceiros de estimalo oportuno . O traballo gañador publicarase na normativa oficial. O/A premiado/a renuncia pola presente Base ós dereitos de autor/a. A organización entregaralle 30 exemplares da obra publicada.
7.-O Xurado estará composto por cinco membros escolleitos entre recoñecidas figuras do mundo da cultura, designados polas duas institucións convocantes , dándose a coñecer xunto co fallo.A presidencia do mesmo recaera no Presidente do Consello da Cultura Galega.
8.-O Xurado emitirá o seu fallo no curso dun acto que se celebrará o día 26 de novembro de 2005, na casa do pobo da parroquia de Loureiro.
9.-O acto de entrega do devandito II PREMIO DE INVESTIGACIÓN “ ANTONIO FRAGUAS “, será no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente.
10.-No caso da súa solicitude por escrito, enviaranse ós autores e ó seu cargo, nun prazo de tres meses, aqueles orixinais non premiados. Transcorrido dito prazo serán destruidos
11.-A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.
 
Consello da Cultura Galega (CCG)