Skip to main content

O II Encontro Galego de Ciberseguridade reúne as institucións e empresas de referencia en seguridade da información

Xa o día 10 será a quenda das propostas para o conxunto da cidadanía.

Este Encontro é unha das actividades promovidas polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, impulsado pola Xunta de Galicia, como un espazo de cooperación público-privada. Tras o éxito acadado na súa primeira edición, na que participaron preto de 40 entidades públicas e privadas de diversos sectores e se recibiron máis de 1.500 inscricións, o Encontro celebrará a súa segunda edición nas instalacións do Edificio Fontán, Para todas as persoas que desexen seguir este Encontro en remoto, a organización anuncia que tamén será retransmitido en liña.

En opinión das institucións promotoras, a celebración desta iniciativa é especialmente importante este ano, pois o panorama actual da ciberdelincuencia a nivel global e tamén na comunidade galega mostra a consolidación dunha tendencia ascendente da delincuencia a través de medios telemáticos, nun progreso que se acrecentou tras a pandemia da COVID. As cifras revelan que no ano 2021, en Galicia coñecéronse case 20.000 estafas cometidas a través de medios telemáticos, e 1 de cada 4 delitos no pasado ano xa se corresponden con estafas informáticas. Este tipo de estafas subiron un 53,6% en Galicia o pasado ano.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)