Skip to main content

O FIV de Vilalba desvela os últimos nomes en unirse o cartel


O FIV abre a tempada do calendario festivalero, e faino ao grande cun exquisito cartel que aúna bandas e artistas de primeira liña do panorama indie nacional e galego como Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Sidecars, Delaporte, Carlangas, Moura, Hickeys, a Banda de Música de Vilalba, Los Malinches, Berta Franklin e as sesións dj a cargo de Akkan, Ocho y medio DJs, Jus Kno’, así como a proposta infantil de Gramola Gominola. Quince propostas que chegarán na primaveira a este festival para presentar as súas novas cancións, novos discos e mesmo estreando material a piques de saír.

Vilalba gozará durante esa fin de semana das diversas actuacións e actividades, que estarán repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución -o Escenario Emerxente-, e no Campo da Feira -o Escenario FIV-, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas.

O FIV, como proxecto do Concello de Vilalba, volve a a.postar pola mellor música indie do panorama nacional, destacando a importancia e o protagonismo de Vilalba como escenario principal dunha nova edición. Tamén supón para a localidade unha inxección importante en canto á revitalización económica; pois o seu desenvolvemento tradúcese en emprego e un grande impulso na promoción turística.

O festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo. A Deputación de Lugo, Grupo Entrepinares e Gadis tamén forman parte dos patrocinadores oficiais do FIV 2023, que continúan apostando por este formato.

Os abonos continúan á venda a través da web https://fivdevilalba.coma a un prezo de 38€ (+g.x.) tras esgotarse os dous primeiros tramos e máis adiante, daráse a coñecer información de interese respecto a zona de acampada habilitada e o transporte dispoñible dende outros puntos de Galicia.

FIV Vilalba