Skip to main content

O festival SonRías Baixas anuncia as datas do seu 20 aniversario

O evento, organizado pola promotora PlayPlan Cultural, que reuniu o ano pasado o seu maior número de asistentes ata a data (22.230 persoas), dará a coñecer o seu cartel o vindeiro venres 17 de febreiro ás 12 horas. Posicionado xa como unha das citas musicais imprescindibles do verán en Galicia e como un festival que aposta tanto por bandas consolidadadas como emerxentes e para todos os públicos, na pasada edición contou con nomes como Kase. O, Eskorzo, Rayden, La M.O.D.A. ou Tanxugueiras, entre moitos outros.

O festival volve este ano a ofrecer o espírito SonRías nun marco de convivencia máxica entre artistas, público e habitantes da comarca. Tras a pasada edición, o impacto económico na zona superou os 1,75 millóns de euros, favorecendo a economía local e avogando por un modelo de festival responsable, sostible e de futuro.
Festival Sonrías