Skip to main content

O Congreso Mundial de Educación EDUCA 2023 acollerá a máis de 400 profesionais na UDC

O congreso contará con dez conferencias plenarias entre as que salienta a participación do pedagogo italiano Francesco Tonucci ou o experto en neuroeducación arxentino Hernán Aldana. Trataranse temas vinculados á innovación educativa e á xestión da aula. Haberá tamén dúas mesas redondas para falar de educación de calidade e deberes e de creatividade e novas metodoloxías.

O evento xerará un importante impacto científico coa produción dun ebook de actas cos preto de 150 traballos de investigación aceptados para a súa defensa e presentación no evento.

Os principais obxectivos deste congreso son a actualización e reciclaxe dos profesionais da educación de todas as etapas educativas, a creación de vínculos profesionais que permitan o establecemento de redes de traballo nacionais e internacionais e dar a coñecer os últimos avances na innovación educativa. O evento conta coa colaboración da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e está homologado para o profesorado en activo.
Universidade da Coruña