Skip to main content

A Facultade de Economía e Empresa da IDC acolle o congreso mundial de educación EDUCA

O congreso contará con dez conferencias plenarias entre as que salienta a participación do pedagogo italiano Francesco Tonucci ou o experto en neuroeducación arxentino Hernán Aldana. Trataranse temas vinculados á innovación educativa e á xestión da aula. Haberá tamén dúas mesas redondas para falar de educación de calidade e deberes e de creatividade e novas metodoloxías.

Os principais obxectivos deste congreso son a actualización e reciclaxe dos profesionais da educación de todas as etapas educativas, a creación de vínculos profesionais que permitan o establecemento de redes de traballo nacionais e internacionais e dar a coñecer os últimos avances na innovación educativa. O evento conta coa colaboración da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e está homologado para o profesorado en activo.
Universidade da Coruña