Skip to main content

Persoal de universidades de máis de vinte países participan na Semana Internacional da UDC

O obxectivo da Semana Internacional, que a UDC acolle na súa integridade por primeira vez, é potenciar as actividades de internacionalización en casa para toda a comunidade universitaria e presentar á UDC non só como un centro de aprendizaxe, docencia, innovación, investigación e transferencia, senón tamén como unha institución administrativa situada na periferia de Europa.

O propósito desta Semana é profundar en temas globais, experimentar a diversidade intercultural e probar diferentes formas de ensino e xestión das institucións de educación superior de todo o mundo. No transcurso da Semana Internacional da UDC, expertos de diversos campos e autoridades internacionais ofrecerán distintas perspectivas sobre as súas áreas de especialización. Todos os participantes terán a oportunidade de debater sobre futuras colaboracións e proxectos conxuntos cos colegas anfitrións. Os principais temas de debate irán desde a cooperación transnacional, as dobres titulacións, a formación para a internacionalización no país e no estranxeiro ata as competencias interculturais, pasando polas políticas da UE para as institucións de educación superior.

Asistirán persoal universitario de Albania, Arxelia, Bosnia e Herzegovina, Brasil, Bulgaria, Croacia, República Checa, Exipto, Georgia, Alemaña, Lituania, Montenegro, Macedonia do Norte, Panamá, Polonia, Portugal, Moldavia, Rumania, Eslovaquia e Turquía.

Universidade da Coruña