Skip to main content

O FIV de Vilalba pecha a súa edición máis multitudinaria con preto de 6.000 persoas ó longo da fin de semana

As actuacións do escenario Emerxente tamén reuniron a un milleiro de persoas cada día para ver á esperada Banda de Música de Vilalba, Os Malinches e a música electrónica de Jus Kno’, así como a programación infantil do domingo coa banda A Gramola Gominola.

Tamén se organizaron actividades complementarias ao longo da fin de semana na Casa da Cultura. O venres, gravouse un programa do podcast Café Derby 21 con Carlangas, mentres que o sábado celebrouse o coloquio “Falamos de música”, no que participaron os xornalistas especializados, Pepa Ferreiro, Pepe Cunha, Javier Becerra e Cristina Arias como moderadora, e no que se tratou a evolución dos medios musicais. O domingo, ás 11.30 horas e seguindo a liña infantil da xornada, o xornalista Javier Becerra presentou o seu libro “Isto é rock!” no mesmo espazo.

O festival recibiu así preto de 4.000 persoas entre os dous días do festival no recinto principal, máis 2.000 persoas que acudiron aos concertos de acceso libre do Escenario Emerxente, que se celebraron durante o sábado e domingo pola mañá na praza da Constitución. A maioría do público provén da provincia de Lugo e A Coruña, seguido de Pontevedra e Ourense, pero tamén en cada edición aumenta progresivamente a proporción de asistentes chegados doutras comunidades como Asturias, Castilla León ou Cataluña.

Esta iniciativa municipal consegue que, cada ano, a localidade benefíciese dun impacto económico positivo, en termos de promoción turística, un aumento directo e indirecto do emprego local, e atraendo numerosos visitantes a localidade. Ademais, coa campaña #EUSONFIV, foméntase o comercio local, ofrecendo descontos ao público do festival.

O festival, que organiza o Concello de Vilalba, agradece todo o apoio ofrecido e a implicación das institucións e patrocinadores que axudan a levar a cabo este formato que se converteu nunha das citas ineludibles da música indie no país. Principalmente á Deputación de Lugo, así como aos patrocinadores: Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo, Grupo Entrepinares, Petroni, Alma Atlántica e Gadis.
FIV Vilalba