Skip to main content

O Consello de Contas de Galicia acolle por primeira vez o seminario internacional da Organización Europea das Institucións Rexionais de Control Externo do Sector Público

A Organización Europea das Instititucións Rexionais de Control Externo do Sector Público —Eurorai— celebra por primeira vez en Galicia o seu seminario internacional.

O Consello de Contas de Galicia, na súa condición de órgano independente, previsto no Estatuto de Autonomía, para o control externo da xestión económico-financeira do sector público da Comunidade Autónoma, reúne en Compostela, o vindeiro 5 de maio, a máis de cen representantes co control externo europeo, procedentes de Alemaña, Austria, Bosnia e Herzegovina, Escocia, Francia, Lituania, Noruega, Polonia, Portugal, Suecia ou Suiza.

Trátase da primeira vez, que o Consello de Contas de Galicia, nos seus máis de trinta anos de historia, alberga o Seminario da Organización Europea das Institucións Rexionais de Control Externo do Sector Público —Eurorai—, malia ser un dos 15 membros fundadores de Eurorai en 1992.

Este seminario realizouse nos trinta anos de vixencia da organización nas últimas edicións en Sarajevo, Frankfor e Palma de Mallorca.

Neste caso, o seminario adicarase a un tema estratéxico para o Consello de Contas de Galicia: «Os órganos rexionais de control externo e a avaliación de resultados. Un intercambio de experiencias».

O seminario comezará ás 09.15 horas, no Centro de Estudios Avanzados da USC —Parque de Vista Alegre, Rúa Salvadas— e será inaugurado polo Conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Miguel Corgos López-Prado e o Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia, José Antonio Redondo López.

Consello de Contas de Galicia