Skip to main content

A UDC rescata a historia de Irene González Basanta, primeira rapaza en romper barreiras no fútbol

A Universidade da Coruña, a través do Servizo de Publicacións que depende da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte, en colaboración con outras entidades (Xunta de Galicia, Concello da Coruña, Gadis e In the Corner), vén de publicar o cómic Irene a porteira, realizado por Xulia Pisón, autora de cómics e debuxante, e Óscar Losada, xornalista especializado en temas de cultura e deporte.

O cómic rescata a historia de Irene González Basanta, unha coruñesa que xogou ao fútbol nos anos vinte do pasado século. Tal e como sinala Óscar Losada “o de Irene González é un caso único no mundo. Na década dos vinte do século pasado foi a primeira rapaza que rompeu barreiras no fútbol, ao se converter na porteira e capitá do equipo masculino coruñés ao que deu nome: o Irene F.C.”.

As crónicas deportivas da época destácana como boa porteira e sinalan que os penaltis sempre os tiraba ela.

A Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte suma esta iniciativa a todas as accións que se desenvolven no mes das letras e, neste caso, para recuperar unha parte da historia invisibilizada do deporte e as mulleres.
Universidade da Coruña