Skip to main content

Xantar entre o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, e o secretario xeral da Executiva Nacional do PG, Manoel Soto

Ó longo de dúas horas fixeron análises dunha parte dos problemas que ten Galicia, así como os posíbeis enfoques que cumprirán pra chegar a poñer ó noso País nun plano de primeira liña europea.
O encontro foi absolutamente cordial e constructivo, polo que quedaron en seguir a manter contactos directos sempre que o consideren conveniente, e mesmo en colaborar no que sexa posíbel cun obxectivo senlleiro: o engrandecemento de Galicia.

Saúde e Terra
Secretaría de Comunicación do Partido Galeguista