Skip to main content

Darío Villanueva: 'A palabra ten un poder creativo extraordinario e a lingua é o patrimonio máis democrático que existe'

Co asistencia de numeroso público o expresidente da Real Academia da Lingua Española fixo un alegato en favor de darlle valor a expresión verbal, o vocabulario, fronte as agresións de todo tipo que sofren as linguas en calquera punto do planeta.

Villanueva salferiu a súa amena charla con multitude de anécdotas e referencias salientables desde as primeiros rexistros comunicativos dos homes primitivos, o estudo dos discursos políticos levados a cabo por gabinetes especializados comandados por logógrafos ou escritores na “sombra” (puxo como exemplos as disparidades nas campañas de presidentes estadounidenses como Ronald Reagan, Barack Obama ou Donald Trump), e detívose especialmente nas linguaxes da postmodernidade e os tempos en que toda a sociedade está conectada a unha rede cibernética, que xa augurara Marshall McLuhan na súa “Galaxia Gutemberg”. A documentación inclúe máis de 300 sinaturas entre as que destacan varios concellos, asociacións culturais, o Padroado do Museo, varios de Centros de Estudos, varios persoeiros vencellados á cultura galega e familiares de Tovar.

En definitiva, Darío Villanueva veu a concluír na necesidade de darlle valor as palabras porque teñen un “poder creativo extraordinario”, e as linguas xa que son “o patrimonio máis democrático que existe”.

A presentación do conferenciante correu a cargo da catedrática de Historia e Premio Nacional de Historia, Ofelia Rey Castelao, quen loubou o traballo de Villanueva como “espectador excepcional da comunicación humana desde una visión da distancia e a ciencia filolóxica”. Presentou o acto, que deu paso a un animado coloquio, o director corporativo do CiPG, Pastor Lorenzo.
Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela