Skip to main content

Pesca lanza www.ailusiondomar.com para canalizar as iniciativas dos galegos sobre a nova política marítima.

Os cidadáns interesados en contribuir ó deseño da Política Marítima de Galicia xa
poden facer chegar as súas aportacións á administración a través da nova web do “Proxecto de Libro Branco sobre a Política Marítima de Galicia”. O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, presidiu o lanzamento deste portal de Internet durante unha presentación celebrada no Clube Internacional de Prensa en Santiago.

A Xunta empregará as contribucións que fagan os cidadáns a través da Rede, xunto coas opinións de expertos e de tódolos axentes sociais, para redactar o “Libro Blanco sobre a Política Marítima de Galicia”. A nova ferramenta tecnolóxica deseñada por Pesca é accesible dende tres direccións: “www.ailusiondomar.com”, “www.plangaliciadomar.com” e “www.libroblancopoliticamaritima.com” .

Co lanzamento desta publicación electrónica, Pesca abre a toda a sociedade o debate sobre a posta en marcha dunha nova política que convirta a Galicia no centro do tráfico marítimo europeo. Este proceso comezou o día 10 de abril, cando López Veiga presentou a edición de "A Ilusión do Mar: Libro Verde da Política Marítima de Galicia" .

O Libro Verde recolle varias iniciativas da Xunta para potenciar o desenvolvemento marítimo de Galicia. Dende hoxe, os cidadáns poden realizar aportacións sobre estes e outros temas a través de Internet. Asemade, Pesca está a organizar debates e entrevistas con tódolos axentes sociais e económicos da Comunidade para recoller as súas opinións.

O obxectivo final de todo este proceso é que Galicia conte cun plan sobre Política Marítima, o "Plan Galicia do Mar", antes que a Unión Europea culmine a redacción do seu plan director sobre a mesma materia. O "Plan Galicia do Mar" detallará as inversións e o finanzamento necesarios para atraer o tráfico marítimoeuropeo ós portos galegos.

Oportunidade para que os intereses galegos conten no deseño da Política Marítima de Bruxelas.-

Segundo explicou López Veiga, Pesca busca aproveitar un intre clave no funcionamento da Comisión Europea, xusto cando o comisario de Pesca, Joe Borg, prepara a publicación do “Libro Branco da Unión Europea sobre Política Marítima” . En opinión do conselleiro de Pesca, se Galicia logra ter listo antes que a UE un programa de iniciativas propio, daquela a Comunidade siturase nunha boa posición para que Bruxelas teña en conta os intereses galegos no deseño da Política Marítima Europea.

Na páxina web presentada, os internautas poden deixar aportacións sobre os seguintes temas: Tráfico Marítimo de Galicia, Estaleiros e industria auxiliar, Servizos marítimos e transitarios, Pesca de gran altura, Pesca de altura, Pesca de baixura, Acuicultura, Actividade de transformación, Formación, Turismo, cultura e actividades de ocio e Xestión medioambiental:control e investigación marítima. E é que o Libro Verde -e o futuro Libro Blanco- propón iniciativas para unha gran variedade de sectores, xa que a futura nova Política Marítima afectará ó desenvolvemento de numerosas industrias.

Polo tanto, a Consellería de Pesca anima a tódolos cidadáns interesados no progreso de Galicia a realizar as súas aportacións a través de Internet. A Xunta cree que o proceso de debate para redactar o Libro Blanco constitúe unha oportunidade única para demostrar o dinamismo da sociedade galega, capaz de aportar iniciativas vencelladas ó mar
desenvolve-la economía.

Na páxina web, ademais de enviar iniciativas sobre diferentes temas e descargar o Libro Verde, os cidadáns poden consultar unha presentación sobre como está organizado o proceso de diálogo para o Libro Blanco, e as razóns da Xunta para poñelo en marcha.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia