Skip to main content

Novas oportunidades de observar os ceos nocturnos de agosto da man do Observatorio Astronómico Ramón María Aller

Este recoñecemento foi posible grazas ao traballo de campo desenvolvido polo persoal do OARMA e do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), no que tamén participa a USC. A sesión de divulgación organizada polo Concello de Lalín, será conducida polo director do Observatorio, José Ángel Docobo Durántez, e polo investigador Pedro Pablo Campo e incluirá observacións a simple vista e observacións telescópicas de obxectos como estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas e mesmo do planeta Saturno. Desenvolverase a partir das 22.00 horas no alto de Rodelas, un enclave situado na parroquia lalinense de Maceira que ofrece unha espectacular panorámica da Vía Láctea a simple vista.

No transcurso do mes están previstas outras cinco sesións de divulgación astronómica que contarán tamén coa participación do investigador Xabier Pérez Couto. Terán lugar no alto de San Bartolomeu do concello de Santa Comba, o venres 18; en Allariz, o luns 21; no Observatorio da vila en Lalín o mércores 23; no paseo de Silgar de Sanxenxo o xoves 24; e en Rianxo o venres 25 de agosto. Esta última sesión faise coincidir coa inauguración da mostra fotográfica ‘Xoias do Ceo’ de Francisco Javier Cerdán Núñez.

A exposición, que inclúe imaxes de estrelas, estrelas múltiples, cúmulos estelares, distintas nebulosas pertencentes á Vía Láctea e fotografías doutras cinco galaxias diferentes, conta con textos explicativos elaborados polo persoal do OARMA e poderá ser visitada durante todo o mes de setembro.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)