Skip to main content

A Xunta investirá 1.648.717 euros para infraestructuras rurais nos 32 concellos das comarcas de Baixa Limia, Terra de Celanova, Allariz-Maceda e A Limia

COMARCA DE BAIXA LIMIA

No concello de Bande investiranse 56.621,5 euros destinados á pavimentación do camiño de acceso a Pereiras.

No concello de Lobeira investiranse 45.219,51 euros destinados ao acondicionamento de poza en Gaias, á pavimentación en Facós, en Chaus de Limia e no acceso a Vilariño de Santa Cristina, á rede de sumidoiros en Souto e ao acondicionamento da fonte das Quintas.

No concello de Entrimo investiranse 45.671,34 euros destinados á pavimentación do camiño As Minas- Barreiras, ao afirmado da praza da Igrexa e Ensanche Pereira, e ao ensanche dun camiño no lugar de Bouzadrago.

No concello de Muiños investiranse 51.817,12 euros destinados ao acondicionamento de regadíos en Tourós- Pazos, Mugueimes, Barxés, Soutelo, Taboadela e Cados.

No concello de Lobios investiranse 61.577,3 euros destinados á condución de auga en A Hernadiña, á pavimentación do camiño Reguengo- Silvares, á construción dun depósito de abastecemento en Casar do Mato e á reparación de poza en A Barxa.


COMARCA DE TERRA DE CELANOVA

No concello de Celanova investiranse 76.575 euros na reparación de accesos en San Cibrao- Hermide, Carballeira- Pontepedriña, Moimenta e Freixo.

No concello de Cartelle investiranse 61.849,73 euros na pavimentación do acceso á Seara e á Residencia Outomuro.

No concello de A Merca investiranse 50.889,26 euros na pavimentación dun camiño en Merouzo Grande, no camiño do campo de fútbol en A Manchica e do camiño alto da Manchica.

No concello de A Bola investiranse 46.144,43 euros no acondicionamento do camiño Castro- Tixosa, e no camiño Igrexa- Requeixo.

No concello de Verea investiranse 52.697,41 euros na pavimentación do camiño San Vicente- Estrada de Fraga.

No concello de Ramirás investiranse 50.121,67 euros na pavimentación do camiño Fraguas- Paizás.

No concello de Gomesende investiranse 44.128 euros no acondicionamento do Campo da Festa en Moreiras e na pavimentación do camiño Cachopos- Mariz.

No concello de Pontedeva investiranse 35.977,41 euros nunha beirarrúas en Outeiro, no saneamento en Aldea e na pavimentación en Abilleira e no camiño de acceso a Trado.

No concello de Padrenda investiranse 51.017,41 euros no ensanche e pavimentación do acceso en As Cruces e en Pardellas de Monterredondo.

No concello de Quintela de Leirado investiranse 39.819,94 euros no acondicionamento da Praza San Paolo de Quintela e na pavimentación do acceso a Redemuíños.

COMARCA DE ALLARIZ- MACEDA

No concello de Allariz investiranse 70.338,21 euros no abastecemento e saneamento en Santa Mariña.

No concello de Paderne de Allariz investiranse 44.472,81 euros na pavimentación do acceso a Sá e do camiño Lamas- Figueiroá.

No concello de Xunqueiro de Espadañedo investiranse 37.467,54 euros na pavimentación en Vilariño e en Pardeconde.

No concello de Maceda investiranse 55.839,85 euros destinados á renovación do abastecemento e saneamento.

No concello de Baños de Molgas investiranse 58.093,80 euros no alumeado público no núcleo de Baños de Molgas.

No concello de Xunqueira de Ambía investiranse 49.624,51 euros na pavimentación en Armariz, Vilariño de Veiga, Bobadela e Pazos de Abeleda.

COMARCA DE A LIMIA

No concello de Xinzo de Limia investiranse 87.657,93 euros na pavimentación do camiño Laroa á pista de As Cruces e do camiño da pista de As Cruces á estrada Moreiras.

No concello de Vilar de Barrio investiranse 52.914,62 euros no acondicionamento do acceso a Rebordechao e da Ponte de Sidelas en Arnuide e na beirarrúas na zona deportiva de Vilar de Barrio.

No concello de Sarreaus investiranse 52.665,21 euros na pavimentación de pistas de concentración parcelaria de Vilar Barrio- A Granxa- Lodoselo e de A Granxa- Devesa e Igrexa de Perrelos.

No concello de Trasmiras investiranse 46.495,59 euros na pavimentación en Escornabois- Rúa do Pilo, no camiño de concentración parcelaria en Abavides e no camiño Zos- Chamusiños.

No concello de Baltar investiranse 51.335,55 euros na pavimentación do acceso a Aldea de Abaixo e na área recreativa e zona deportiva.

No concello de Calvos de Randín investiranse 53.785,91 euros na pavimentación dos accesos a Pintás e a Golpellás e na construción do acceso aos montes veciñais en Lobás.

No concello de Os Blancos investiranse 39.026,25 euros no abastecemento a Mosteiro e na pavimentación de camiños en Mosteiro, e dos accesos a Nocedo e a Vilar.

No concello de Porqueira investiranse 40.204,84 euros na electrificación da depuradora de A Forxa, na posta en funcionamento da depuradora de O Toxal e do saneamento en A Torre e en Paradela de Abeleda.

No concello de Rairiz de Veiga investiranse 52.147,16 euros na pavimentación do camiño en Guillamil, do camiño en Xuxá- Nigueiroá- Alto San Roque e do camiño Lampaza- Faxonca.

No concello de Vilar de Santos investiranse 42.397,18 euros na ampliación de camiño en Mosqueiro e na pavimentación de camiños en Casal, Liñares e O Salgueiro.

No concello de Sandiás investiranse 44.123,79 euros na pavimentación dun camiño en Chousela e do camiño Chousela- Zadagós.

CRITERIOS OBXECTIVOS

A asignación que corresponde a cada concello determinase segundo criterios obxectivos consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Estes criterios fan referencia á poboación e número dos núcleos, á súa superficie, ao número de entidades de poboación de menos de 1.000 habitantes, á despoboación rexistrada entre 1991 e 2003, e á poboación maior de 64 anos.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia