Skip to main content

Videoxogos aplicados á educación ou a saúde, protagonistas da nova edición de Power UP Videoxogos Aplicados e Persuasivos

Tal e como explicou o reitor da UDC, Ricardo Cao, hoxe estase traballando en moitos campos de aplicación “máis alá do propio concepto lúdico” dos videoxogos, o que sen dúbida abre novas oportunidades de creación, de innovación, e tamén de estudo, de investigación e de transferencia tecnolóxica.

Así temos os videoxogos aplicados, que ofrecen máis que entretemento e que se adaptan a outro sector, como por exemplo, educación ou sanidade. E tamén temos os que pretenden facernos reflexionar sobre algo, os persuasivos.

Así, lembrou o exemplo, da participación da UDC no Proxecto Europeo Erasmus+ Incorporating Interdiscipinarity in Secondary School Education Using Conflict Video Games (InterGames), iniciativa que pretende mellorar os plans de estudo da educación secundaria en Europa e potenciar as capacidades de profesorado e alumnado con enfoques interdisciplinares a través dos videoxogos de conflito. Un programa no que se busca incentivar o pensamento crítico, a resolución de problemas e a intelixencia emocional entre o estudantado de secundaria de toda Europa.

É por tanto un sector en crecemento e de futuro. Motivo polo que a UDC ten impulsado nos últimos anos formación especializada como é o Máster, aquí no Campus Industrial de Ferrol, ou grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos, no Campus de Elviña.

Xa pola tarde, foi a quenda das presentacións do alumnado do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos. Así o equipo Nameless presentou o seu ¡ What the Hell, un xogo de desprazamento lateral con elementos de plataformas, acción 2.5D e quebracabezas ambientado nos infernos de Dante. E o equipo Piña Colada que presentará Platyfrog, un xogo de aventuras e plataformas 3D onde integrantes de dúas civilizacións rivais deberán colaborar para sobrevivir.
Universidade da Coruña (UDC)