Skip to main content

Unha escolar de Lugo representará a Galicia na fase nacional do concurso ¿Qué é un Rei para ti?

A fase autonómica do concurso nacional “¿Qué é un Rei para ti?” rematou en Santiago de Compostela coa exposición dos 40 traballos que resultaron finalistas e a lectura da acta na que se desvelaba a gañadora, Cynthia López Novo, do Colexio “Cervantes”, de Lugo, que representará á comunidade autónoma galega na fase final do certame e será convidada a unha Audiencia coa SM. El Rey á que acudirá acompañada polo docente que coordinou o seu traballo.

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Celso Currás Fernández, felicitou persoalmente aos 40 escolares seleccionados de entre 3.500 que se presentaron ao concurso (100 máis que o ano pasado) e aos seus docentes, procedentes de 220 centros educativos galegos. Currás percorreu a mostra dos seus traballos, exposta no Museo Pedagóxico de Galicia, nos que cada un tiña que representar o significado que a coroa lle suxería.

O conselleiro destacou o valor que este certame ten polo feito de celebralo no ámbito da escola, posto que afonda na educación en valores que tan importante é na formación integral dos alumnos. Así, aspectos coma a liberdade, a igualdade, a democracia, a convivencia pacífica ou a tolerancia, son, segundo manifestou Currás, valores imprescindibles na construción dunha sociedade cunha estrutura e solidez garantidas pola existencia dunhas institucións firmemente enraizadas na comunidade.

LONGA HISTORIA

O concurso “¿Qué é un Rei para ti?” organízao, dende hai 24 anos, a Fundación Institucional Española (FIES). Sen embargo, a fase autonómica tivo lugar este ano por cuarta vez, coa colaboración da Consellería de Educación.

O obxectivo que se persegue coa súa celebración é fomentar nos nenos e nenas de 8 a 13 anos unha primeira toma de contacto coa historia da Coroa e o seu papel na sociedade española, coa figura de don Juan Carlos, os seus dereitos e obrigas segundo a Constitución, co seu papel na volta da democracia, na moderación e na integración social, na garantía dos dereitos, liberdades e pluralidade dos españois, na estabilidade política e na representación exterior.

DIVERSAS MODALIDADES

O formato dos proxectos que os 3.500 escolares presentaron ao concurso admitía diversas modalidades: manuscritos en calquera lingua oficial do Estado español, artísticos ou audiovisuais. Os autores dos 40 traballos seleccionados como finalistas da fase rexional do concurso recibiron obsequios educativos no acto celebrado hoxe, ao igual que os profesores coordinadores dos mesmos, que tamén recibiron un agasallo conmemorativo.

Os estudantes seleccionados procedían das catro provincias galegas, sendo a de Pontevedra a que acadou un maior número de estudantes finalistas, como se amosa no anexo adxunto, con 16. Na provincia de Lugo seleccionáronse 11, na de Ourense, 8 e na da Coruña, 5.

FINALISTAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

- Colexio “Peñarredonda”, da Coruña: Daniel Varela Paz
- Colexio “Obradoiro”, da Coruña: Javier Muñiz Rosado e María de la Fuente Álvarez
- CEE “Carmen Polo”, de Ferrol: José Pena García
- Unidade de Diagnóstico e Tratamento de Nenos Autistas e Psicóticos, da Coruña: Noemí Patiño Eiroa

FINALISTAS DA PROVINCIA DE LUGO

- Colexio “Cervantes”, de Lugo: Cynthia López Novo, Paula Seoane Pardo e María López Vázquez
- Colexio “Sagrado Corazón de Jesús”, de Ribadeo: Marta Amor Barbosa e Fátima Basich Álvarez
- IES “Vilar Ponte”, de Viveiro: Abraham Díaz López, Ana Torres Gómez e Cintia Villarino Salgueiro
- CEIP de Moncelos, de Abadín: Alba Chao Gómez
- Colexio “Nosa Señora do Pilar”, de Foz: Milagros Dobal Suárez e Amanda Land Erviti

FINALISTAS DA PROVINCIA DE OURENSE

- CEIP “Ramón Otero Pedrayo”, do Barco de Valdeorras: Loreto Álvarez Voces, Leticia García Álvarez e Pablo Álvarez Silva
- Colexio “Divina Pastora”, do Barco de Valdeorras: Marta Yáñez Fernández, Laura Domínguez Domínguez e Ana María Quintas Pascual
- CEIP “Irmáns Villar”, de Ourense: Alba Bretaña Rodríguez
- Colexio “Santa Tareixa de Xesús”, de Ourense: Marta Babarro Carballo

FINALISTAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

- Colexio “María Inmaculada”, de Vigo: Patricia Carril López
- Colexio “San Xosé da Guía”, de Vigo: Laura Costa Álvarez e Jesús Simón Refojos
- CPI “Cova Terreña”, de Baiona: Andrea Rodríguez Seoane e Natalia Estévez Benitez
- Colexio “Neno Xesús de Praga”, de Vigo: Victoria de la Calle Muñoz, Juan Sánchez Pintos, Teresa Santos Ruiloba e Lucía Vázquez Pérez
- CEP “Doutor Fleming”, de Vigo: Alberto Iñarrea Gallo e Amelia Fernández Domínguez
- Colexio “Irmáns Quiroga Rodríguez”, do Porriño: Sara Costas Romero, Helena Bartolomé Alonso e Ángela Freiría Loureiro
- CEE “Príncipe Felipe”, de Pontevedra: Iván Martínez Fernández
- Colexio “María Inmaculada”, de Silleda: David Camanzo Ricciardi

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia