Skip to main content

A Xunta de Galicia recoñece como chan urbán de núcleo rural a catro poboacións na costa de Marín

A Xunta de Galicia recoñece ás localidades de Aguete, Loira, Mogor e Teoría como poboacións de “chan urbán de núcleo rural”. Así llo comunicou o secretario xeral da
Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Miguel López Sieiro, a representantes veciñais destas zonas nunha xuntanza celebrada esta mañá en Santiago. Sieiro explicou ós veciños os detalles do informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en virtude do cal Pesca paralizará tódolos expedientes sancionadores en materia de costas abertos nestas areas. Deste xeito, o Goberno Galego da un paso máis para solucionar a problemática causada polo deslinde de costas nestas areas de Marín.

Pesca deterá a instrución de expedientes sacionadores ata que se pronunice o Estado.-

Pesca manterá paralizados os expedientes ata que se pronuncie a Dirección General de Costas do Estado, que é a administración competente para tomar a decisión final sobre o deslinde de costas. Sieiro explicou ós veciños que, aplicando o novo informe da Xunta de Galicia, a administración central debería reducir a zona de servidumbre destas zonas dende os 100 metros actuais ata os 20 metros.

A Xunta de Galicia cumple así o compromiso asumido no Parlamento autonómico polo conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, para buscar unha solución ás construcións realizadas nestas poboacións. Tanto a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda como a Consellería de Pesca sempre foron sensibles a problemática destes veciños, polo que lles facilitaron a máxima información posible e propuxéronlles a busca de alternativas dentro da legalidade.

A Xunta regulará os nucleos rurais nas zonas costeiras

Ademais, o Goberno Galego recorda que xa remitiu ó Consello Consultivo de Galicia o borrador dun novo decreto para regular a zona de protección de costas. Neste texto, os núcleos rurais tradicionais, como as catro poboacións de Marín citadas, recibirán unha calificación específica como zonas urbáns consolidadas, ó que contribuirá a solucionar problemas relacionados coa edificabilidade.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia