Skip to main content

Pesca e confrarías consensúan unha veda para o polbo entre o 15 de xuño e o 15 de xullo para protexer o recurso

A directora xeral de Recursos Mariños, Carmen Bouso, reuníuse con membros da Federación Galega de Confrarías para abordar á explotación dos recursos en augas interiores. A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e o sector acordaron o establecemento dunha veda para o polbo entre o 15 de xuño e o 15 de xullo. Trátase dunha medida de
protección desta especie, por ser este un periodo no que abundan os exemplares pequenos.

Na xuntanza tamén se decidiu manter ata o 1 de setembro o tope de 40 quilos de polbo por tripulante e día, eliminando o anterior de 160 quilos por embarcación e día. Búscase así evitar aportacións masivas de polbo ó mercado e a consecuente baixada dos prezos.

Estas medidas serán consensuadas, e no seu caso ratificadas, na Comisión de Artes Fixas e Menores do Consello Galego de Pesca. Na reunión coa Federación Galega de Confrarías, o sector comprometeuse, ademais, a desenvolver un Plan de explotación do polbo con medidas a medio e longo prazo. A administración autonómica comprometeuse a analizar detidamente esta proposta.

Tres días de adianto na campaña da nécora

Por outra banda, Pesca estudiará a solicitude do sector para adiantar
en tres días o levantamento da veda da nécora, comenzando a campaña o 18
de xullo. Esta proposta será aprobada, tras ser consensuada entre
administración e o sector próximamente no Consello Galego de Pesca,
proximamente. Ademais, a Federación Galega de Confrarías propuxo outra
serie de medidas relacionadas coa pesca en augas interiores, iniciativas
que tamén serán analizadas no Consello Galego de Pesca.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia