Skip to main content

A USTG celebrou, baixo o lema “ EMPREGO E SALARIO, DIGNO”, o 1º de Maio 2005

Na súa intervención o Secretario Xeral da USTG referiuse á orixe da celebración do primeiro de maio coa reivindicación da xornada de oito horas para logo afirmar que o dereito a un traballo e un salario dignos, segue a ser un obxectivo primordial “si miramos o noso redor -dixo- vemos que son moitos os traballadores e traballadoras que seguen obrigados a facer xornadas de mais de oito horas e si esto sucede no primeiro mundo, Que estará a pasar nos países non desenvolvido?”.

Para a continuación reivindicar unha nova orde internacional que faga da globalización unha eficaz ferramenta de redistribución da riqueza ao servicio da maioría da poboación e non un instrumento para perpetuar a explotación dos traballadores e traballadoras en beneficio dunha minoría que non ten freo e que chega a dominar as vontades dos gobernos, poñendo en perigo o valor mesmo da democracia.

Referiuse o recente proceso de reestruturación dos estaleiros que calificou dunha nova volta de parafuso, resaltando a labor dos representantes da USTG nas negociacións que serviron para que “ASTANO e BAZAN xuntos seguiramos no sector publico e puideramos librar a batalla de se oreferente da construcción naval militar no noso país que, non nos quepa a menor dúbida, é o que nos estamos a xogar hoxe” dixo.

Reclamou os investimentos e actuación que a Cormarca está clamando e rematou emplazando ós que se prexubilan para que sigan activamente cooperando có sindicato que “ o Sindicato o facemos todos nos, pois ninguén vai vir a facelo por nos, concluíu.
USTG-Galicia