Skip to main content

Aclaración da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e RR.LL. en relación ás declaracións de CC.OO. sobre a ruptura do diálogo social

- Logo deste primeiro encontro, tivo lugar unha nova reunión, na que CC.OO. presentou as súas propostas á Administración en relación ao contido do documento. Ao remate desta xuntanza, Xunta, sindicatos e empresarios quedaron emprazados a manter en vindeiras datas un novo encontro no que a Administración daría resposta ás propostas presentadas por CC.OO., se ben tanto esta organización como os outros sindicatos manifestaron que o feito de atoparnos en periodo electoral dificulta, na súa opinión, a negociación.

- A Administración galega non entende a actitude de Comisións Obreiras, xa que por unha banda onte presenta propostas ao Goberno galego e pola contra hoxe anunciou a través dos medios de comunicación a ruptura do diálogo pola súa banda.

- Carece de todo sentido que por un lado esta organización sindical estea a criticar a situación do emprego na Comunidade galega, e que en cambio, á hora da verdade, se neguen a sentarse a abordar as medidas de cara ao futuro en materia laboral.

- O feito de que Comisións Obreiras analice agora a través dos medios de comunicación as propostas de acordo autonómico presentadas hai máis dun mes (o 1 de abril) amosa claramente que esta organización quere utilizar politicamente unha negociación que a Administración galega sempre respaldou e mantivo á marxe do debate político.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia