Skip to main content

López Veiga inaugura o Plan do Porto de Caión no que Pesca investiu case 80.000 euros

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, inaugurou o Plan do Porto de Caión. A través desta actuación, Pesca dotou ás instalacións portuarias dun
guindastre, novo mobiliario para a venda, unha nova cámara frigorífica e unha máquina de xeo, ademais dunha máquina etiquetadora. O investimento total ascendeu a 79.556 euros e permite mellorar as condicións de traballo dos profesionais da pesca e do marisqueo.

López Veiga, que estivo acompañado pola delegada territorial de Pesca,
Beatriz Mato, e polo patrón maior da localidade, Evaristo Lareo, dixo que
con estas melloras “garántese a calidade dos productos do mar” e sirven
para “dignificar aínda máis” o traballo dos nosos mariñeiros e
mariscadores.

Guindastre para o varado de embarcacións e modernización da lonxa.-

Entre as actuacións máis destacadas, e atendendo ás demandas dos
profesionais do sector, Pesca instalou un guindastre de 10 Tm. que permite
retirar as embarcacións do mar con facilidade evitando ter que deixalas
fondeadas, especialmente en épocas de mal tempo. Nesta actuación
investíronse máis de 57.000 euros.

Seguindo o protocolo asinado fai un ano, Pesca dotou á lonxa dunha
cámara frigorífica de 9,5 metros cúbicos para garantir a conservación do
peixe e mellorou tamén a cadea de refrixeración, instalando unha máquina de
xeo en escamas con cabina. Esta ferramenta, que permite a producción de 150
quilos por día, mellora a calidade dos productos.

Co fin axilizar a venda, Pesca instalou unha máquina etiquetadora e dúas
mesas de aceiro para expor os peixes e mariscos que se subhastan nesta
lonxa. O paquete de actuacións contou cunha partida orzamentaria de 22.200
euros.

72 profesionais benefícianse directamente desta actuación de Pesca.-

Co Plan do Porto de Caión, a Xunta de Galicia mellora as condicións de
traballo das 72 personas que se adican á actividade pesqueira e marisqueira
nesta localidade, distribuidas en 11 armadores, 33 tripulantes, 13
percebeiros a flote e 15 percebeiros a pe. O porto de Caión conta cun censo
de 9 embarcacións adicadas á pesca artesanal e 2 á pesca de litoral.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia