Skip to main content

Santiso Miramontes inaugurou as novas instalacións da empresa Piensos Dumbría

Santiso Miramontes destacou “o bo exemplo” de empresas coma esta “que contribúe a potenciar a fabricación de pensos na nosa Comunidade, onde se están a producir máis de 2 millóns de toneladas anuais, o que equivale a un 12% da produción española”.

A trascendencia desta actividade en Galicia queda patente “na súa facturación, estimada nuns 550 millóns de euros anuais, e no seu nivel de emprego, cifrado nunhas 1.800 persoas”. Estas circunstancias motivaron a colaboración no financiamento por parte de Xunta de Galicia dos 1,2 millóns de euros investidos, dos que a Administración Autonómica achegou 534.238 euros, equivalentes a un 42% do gasto realizado.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia