Skip to main content

Pilar Rojo entrega ao Concello e a Deputación de Pontevedra os proxectos de Pasarón e A Parda

A conselleira Pilar Rojo fixo entrega ao Concello e a Deputación de Pontevedra dos proxectos básico e de execución do campo de fútbol de Pasarón e do proxecto básico do complexo lúdico deportivo da Parda, dando deste xeito cumprimento aos compromisos adquiridos en relación con estas dúas actuacións.

Así mesmo, a titular de Deportes da Xunta distribuíu un borrador do convenio de colaboración que deberán suscribir entre as tres administracións implicadas, documento que especifica as obrigacións de cada unha, pero que presenta en branco os espacios dedicados as aportacións orzamentarias anuales.

Tanto ese reparto presupostario anual, como a sinatura do convenio e a posterior realización do concurso para adxudicar os traballos, están pendentes de que o Concello poña a disposición todos os terreos afectados.

O borrador do convenio matiza tamén que será a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado a institución encargada de licitar e adxudicar as obras de construcción do complexo lúdico deportivo da Parda, mentras que a Deputación Provincial de Pontevedra corresponderalle a contratación no caso do campo de fútbol de Pasarón. As instalacións serán finalmente propiedade do Concello de Pontevedra, que terá tamén a responsabilidade na xestión, mantemento e conservación das mesmas.

Na súa intervención, Rojo lembrou que a Xunta de Galicia foi a Administración que asumiu ata hoxe o peso destas dúas actuacións. “Promovimos _indicou_ a sinatura dun primer protocolo na Deputación (maio de 2003), con Abeledo de presidente, para forzar dalgún xeito que todo isto se fixera realidade. Despois encargámonos da redacción dun segundo protocolo que sellou o compromiso das tres administracións, convocamos dous concursos de arquitectura, que resolvimos en Pontevedra, e finalmente fixémonos cargo da elaboración dos proxectos que hoxe entregamos e do devandito convenio”.

“Creo _engadiu_ que neste momento tócalle amosar axilidade e interese por estas actuacións a outra Administración que, por certo, hai máis dun ano que dixo que en dous ou tres meses tería os terreos”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia