Skip to main content

Manuel Fraga asegura que o máis importante son os intereses de Galicia

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, asegurou que “o máis importante son os intereses de Galicia” en relación a unha posible visita do ministro de Economía, Pedro Solbes, á Comunidade Autónoma que hoxe foi anunciada polo vicepresidenta do Goberno Central. O titular do Executivo autonómico asegurou non ter aínda constancia oficial desta visita e sinalou que leva feito todo o posible para que a conversación con Solbes se realice.

“Cremos que cando hai intereses de Galicia non hai problemas de amor propio nin de présas, senón de facer as cousas ben”, asegurou Manuel Fraga, quen sinalou a disposición do Goberno galego a dialogar no marco dunha conversación que xire sobre “temas concretos” e “con papeis” de por medio.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia