Skip to main content

Manuel Fraga traslada o seu pesar ás familias dos traballadores falecidos en Ferrol e pide ao seu goberno que as apoie no que precisen

Nada máis ter coñecemento do accidente, o titular do Goberno galego púxose en contacto co alcalde de Ferrol e cos conselleiros de Innovación, Industria e Comercio e de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Manuel Fraga instou aos conselleiros a poñerse en contacto coas familias, para prestarlles todo o apoio que precisen. Tamén lles pediu que establezan comunicación cos responsables do estaleiro e da Delegación do Goberno en Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia