Skip to main content

O historiador Bartoszewski, preso en Auschwitz durante a Guerra Mundial, galardoado co IX Premio Internacional do Grupo Compostela

O historiador, xornalista e ex ministro de Asuntos Exteriores de Polonia, Wladyslaw Baroszewski, quen estivo preso no campo de concentración de Auschwitz durante a Segunda Guerra Mundial, foi galardoado co IX Premio Internacional Grupo Compostela.

A decisión foi adoptada na reunión que o xurado do premio, presidida polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Celso Currás Fernández, celebrou esta tarde no Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela.

Na reunión participaron, así mesmo, como membros do xurado, o presidente do Grupo Compostela de Universidades, Michael Cooper; o director xeral de Universidades da Consellería de Educación, José Eduardo López Pereira; o reitor da Universidade de Zaragoza, Felipe Petriz; os representantes das universidades Bourdeaux 1, Daniel Chausseau, Adam Mickiewicz e Boguslaw Mroz; e o secretario executivo do Grupo Compostela, Enrique López Veloso.

A decisión de premiar a Baroszewski tivo en conta o significado da súa figura humana coma un símbolo na loita contra os totalitarismos, posto que en setembro de 1940 foi deportado a Mathausen, coñecendo de preto o horror nazi, e trala guerra pasou sete anos da súa vida nos cárceres stalinistas.

O nomeamento do historiador e ex ministro polaco cobra aínda máis valor nun ano no que se conmemora solemnemente o 60 aniversario da liberación polas tropas de Estados Unidos do campo de concentración de Mauthausen, o 5 de maio de 1945.

O ex ministro de Polonia relatou as súas vivencias en Auschwitz no seu libro autobiográfico “O outono das esperanzas”, publicado en 1983 despois de ter sido becario durante un ano no instituto de estudos superiores Wissenschaftskolleg de Berlín.

Wladyslaw Bartoszewski recibirá o galardón o próximo 9 de setembro en Bruxelas, durante a Asemblea Xeral do Grupo Compostela, do que forman parte 78 universidades de 22 países de todos os continentes.





Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia