Skip to main content

López Veiga inaugura un laboratorio e un sistema de varada de buques en Bueu

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, inaugurou hoxe un laboratorio e un sistema de varada de embaracións nun acto celebrado en Bueu. Estas inciativas forman parte do Plan de Porto de Bueu, aprobado en marzo de
2004.

Laboratorio para o control da pesca.-

No referido ós equipamentos portuarios, a través do Plan de Porto instalaouse un novo sistema de varada que duplicou a capacidade do existente anteriormente. Así, o novo travel-lift permite elevar embarcacións de ata 100 toneladas de peso, polo que os barcos auxiliares de acuiucultura xa non teñen que desprazarse a outras localidades para as postas en seco. A Xunta destinou máis de 360.000 euros á dotación ó posito co travel-lift.

Pola súa banda, o laboratorio foi construído no edificio da lonxa. Esta sala de mostraxe que é empregada polos biólogos da Consellería de Pesca e técnicos da Confraría no estudio de mostras de especies coas que faena a flota local. O equipamento e acondicionamento deste laboratorio tivo un orzamento de máis de 23.150 euros.

A delegada provincial de Pesca na Provincia de Pontevedra, Paloma Rueda, e a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Rosa Quintana, acompañarán o conselleiro neste acto.

A Consellería de Pesca apostou pola elaboración en colaboración con cada confraría de plans de portos específicos para así adaptar os investimentos públicos as demandas propias que provoca a modernización da pesca de baixura e o marisqueo en cada zona de costa. A Xunta de Galicia trata así de respostar coa máxima eficacia a necesidade de mellorar a competitividade destes sectores productivos.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia