Skip to main content

Aurelio Miras é nomeado visitante ilustre da cidade de Avellaneda

O conselleiro de Emigración recibiu o título de visitante ilustre da cidade de Avellaneda, na provincia de Buenos Aires. Nun acto no que participaron o intendente municipal desta localidade, Óscar Laborde, e mais o presidente da Asociación civil Hijos del Ayuntamiento de Boiro, Joaquín Sánchez Piñeiro, Miras Portugal agradeceu a concesión desta distinción e lembrou que “non podemos escribi-la historia dos galegos nesta gran Nación sen que Avellaneda ocupe un posto de honra na mesma”.

Neste sentido, Miras lembrou que foi en Avellaneda onde se fundou o “espírito da galeguidade en Arxentina á que contribuíu este centro pioneIras en ocuparse na atención á colectividad, dándonos exemplo de compromiso e motivándonos a seguir colaborando desde el gobierno de la Xunta de Galicia nesta encomiable tarea”.

Así, o conselleiro de Emigración sinalou que foi en Avellaneda o lugar que deu ós galegos “a oportunidade dunha nova vida, fundamentada nos principios dos que hoxe somos herdeiros: a solidariedade, o mantemento dos lazos culturais coa terra nai, a integración nas sociedades de acollida, o esforzo por traballar xuntos na mellora das condicións de vida tanto dos galegos como dos arxentinos”.

“Tanto demos e tanto recibimos –concluíu Miras- que sentimos a esta cidade e a este país como parte de nosa propia esencia como pobo, da mesma forma que Arxentina non se pode entender sen recoñece-la achega dos galegos”.

Neste sentido, Miras Portugal agradeceu ós poderes públicos de Avellaneda “a magnífica colaboración prestada e o cariño que demostrades ás nosas iniciativas” e que facilitou o “o fortalecemento das nosas estructuras asistenciais nesta querida localidade”.


SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DE EMIGRACIÓN

Gabinete de Comunicación de Emigración (Xunta de Galicia)