Skip to main content

Santiago acolle o Congreso Educación e Cultura de Paz, enmarcado na Conferencia Mundial

Se desenvolve no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o congreso “Educación e cultura de paz”, dentro da Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento que organiza a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Este simposio, no que xa están inscritas preto de 800 persoas, contará coa presencia, entre os relatores, de personalidades internacionais como o Premio Nobel da Paz de 1980 Adolfo Pérez Esquivel; o neto de Gandhi, Arun Gandhi, director do Instituto Gandhi de Nova York; Cora Weiss, presidenta de Hague Appeal for Peace;Colin Archer, secretaria xeral do International Peace Bureau; ou Danielle Miterrand, directora de France Liberté e viúva do ex presidente francés.

Debatirase neste congreso sobre o papel das escolas e do profesorado na prevención da violencia a través dunha proposta de formación humanística a prol da paz. O obxectivo do simposio, que está presidido por Manuel Dios Diz (responsable así mesmo do Seminario Galego de Educación para a Paz), é analizar o papel da educación na construción de valores solidarios e universais.

PROGRAMA PARA O LUNS, 23:

10:00: Acto inaugural
10:30: Simposium nº 1
A Educación para a Paz hoxe: Balance e perspectivas
Dª Cora Weiss, presidenta de Hague Appeal for Peace.
D. Colin Archer, Sº Xeral do International Peace Bureau
D. Manuel Dios Diz, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz.
Modera: D. Manuel Deaño, presidente de AEDES.
12:30: Simposium nº 2
A resolución pacífica de conflitos
D. Miguel Angel Santos Guerra, profesor de didáctica na Universidade de Málaga.
D. Calo Iglesias Díaz, coordinador do Centro Galego de Investigacións para a Paz.
D. Magnus Haavelsrud, profesor na Universidade de Tromso, Noruega.
Modera: D. Jesús Beltrán, presidente da Asociación de Psicoloxía da Educación e Psicopedagoxía.
16:30: Experiencias, obradoiros e comunicacións
1.- A Educación para a Paz e as revistas profesionais
D. Pedro Badía, director de Escuela Española.
D. José Manuel Touriñán, director da Revista Galega do Ensino.
D. Jaume Carbonell, director de Cuadernos de Pedagogía.
2.- A educación para a Paz na escola e no tempo libre
Dª Marta Mata, presidenta do Consejo Escolar del Estado.
Dª. Dora Vieiro, Seminario Galego de Educación para a Paz.
3.- A educación para a Paz e o desarmamento: ¿qué seguridade para a paz?
Dª. Manuela Mesa, directora do CIP de Madrid.
D. Xulio Ríos, director do IGADI.
4.- A educación para a paz e as políticas educativas
D. Alejandro Tiana, secretario de estado de educación.
D. Miguel Zabalza, catedrático de Ciencias da Educación da USC.
5.- A Educación para a Paz e a formación do profesorado
D. Ramón Sánchez Rodríguez, catedrático de Maxisterio da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
D. Ramón Pérez Juste, presidente da Sociedad Española de Pedagogía.
D. Felipe Trillo, decano da Facultade de CC.EE. de la USC.
6.- A educación para a Paz e as Cidades Educadoras (conflito, cidadanía,xénero e diversidade).
Dª Pilar Figueres, directora de Ciudades Educadoras.
19:30: Conferencia Maxistral
Educación e paz
D. Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia