Skip to main content

Presentado o Plan de Desenvolvemento Comarcal da Mariña Occidental

Este Plan estruturase en tres partes: o análise DAFO, no que se sinalan as principais debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que ten a comarca; os obxectivos estratéxicos e as accións de desenvolvemento.

A partir deste Plan, salientou Santiso Miramontes, “poderanse dinamizar os recursos existentes, buscar novas oportunidades de desenvolvemento e establecer canles de colaboración entre o empresariado comarcal, as administracións autonómica, provincial e local, os diferentes sectores profesionais, institucións e organismos, que traballen a prol da comarca, para mellorar as condicións e a calidade de vida nela”.

PLAN DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL

Este documento forma parte da iniciativa denominada Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia, que ten como obxectivo “o progreso das comarcas galegas a través da dinamización dos recursos do seu territorio e implicando ao sector público e ao privado nun mesmo proxecto de planificación e desenvolvemento comarcal” e súmase a outros 20, referidos a outras tantas comarcas galegas.

“O feito de empregar unha metodoloxía homoxénea respecto ás restantes comarcas, permite unha sistematización beneficiosa de cara á colaboración interterritorial e intercomarcal, favorecendo a materialización de sinerxias coas comarcas veciñas, neste caso e dun xeito especial, coas Mariñas Central e Oriental”.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia