Skip to main content

A Compañía Sikorsky entrega á Xunta os dous novos helicópteros do Servizo de Gardacostas

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, asiste en Stratford, - no estado de Conneticut (Estados Unidos) – á cerimonia de entrega dos novos helicópteros do Servizo de Gardacostas. O fabricante Sikorsky entregará á
Xunta de Galicia dúas unidades do modelo S-76 C+, nunha operación que conta
cun investimento de 27 millóns de euros.

Melloras respecto os “Dauphin”

Os novos helicópteros operarán dende as bases de Vigo e Celeiro. A súa
inminente incorporación constitúe unha gran mellora nos medios que dispón
Galicia para o salvamento marítimo e loita contra a contaminación no mar. É
así, en primeiro lugar, porque os novos helicópteros serán propiedade da
Xunta, remplazando os aparellos “Dauphin” que operan actualmente en réxime
de aluguer.

Ademais, as prestacións dos novos helicópteros son superiores as dos
actuais, pois os Sikorsky incorporan as últimas tecnoloxías. Por exemplo,
os pilotos poderán controlar o desenvolvemento do voo mediante indicadores
totalmente dixitais. Ademais, o novo sistema director de voo con piloto
automático con catro eixos, permitiralles ós pilotos deter o helicóptero
no aire de xeito automático, incluso con forte vento, o que facilitará
moito as operacións de salvamento.

Durante a cerimonia de mañá, o conselleiro de Pesca realizará unha
visita institucional á factoría de Sikorky en Stratford e manterá unha
xuntanza de traballo co vicepresendente de ventas da compañía, Stephen
Still e co vicepresidente de marketing e comunicacións, Clarance Grebey.
Está previsto que os aparellos cheguen ó aeroporto de Vigo a bordo dun
avión de transporte Antonov 124 nos próximos días.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia