Skip to main content

García Alén cede a súa colección de cerámica ao Centro Comarcal de Bergantiños

A mostra, integrada por 200 pezas de olería tradicional galega en moitos casos xa desaparecida na actualidade, é o resultado de “35 anos de dedicación, percorrendo aldeas e comarcas de Galicia para conseguir reunir estas pezas”, salientou o titular de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

“Na actualidade, cunha tendencia á revalorización do tradicional, que se manifesta no turismo rural, na agricultura ecolóxica, no gusto pola artesanía, a natureza e tantas outras cousas, cómpre potenciar o coñecemento e a valoración da nosa olería como un elemento importante da arte e da creatividade do noso pobo” explicou Santiso Miramontes.

O conselleiro agradeceu a Luciano García Alén a súa “xenerosidade e a súa solidariedade á hora de ceder a súa colección de cerámica” para a súa custodia e exposición, garantindo así os fins cos que foi recompilado. O material estará a disposición de estudosos da materia e tamén poderá expoñerse no Centro Comarcal de Bergantiños.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia