Skip to main content

Posicionamento político sobre o voto galeguista nas Eleccións ó Parlamento Galego do 19 de Xuño

Como expresión práctica dun traballo de proximidade real coa cidadanía, da loita por recuperar os dereitos civís que as Administracións están laminando sixilosamente, da recuperación da nosa identidade, da posta en marcha de dinámicas sociais, económicas e culturais que combatan decididamente a sinerxía de crear uns poucos galegos de primeira e moitos milleiros de segunda e terceira categoría, o voto galeguista non pode ir á abstención e si ten que ser participativo.

Xa que logo, o P.G. decidirá o seu posicionamento sobre as Eleccións nunha xuntanza extraordinaria da Executiva Nacional que terá lugar o vindeiro Venres, 10 de Xuño, as 20 horas.

Secretaría de Comunicación do Partido Galeguista