Skip to main content

Emprego financia con 118.000 euros a reforma e o equipamento dos centros sociais de catro concellos coruñeses

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego Relacións Laborais financiará con 118.000 euros diferentes actuacións nos centros sociais dos concellos coruñeses de Boimorto, Lousame, Miño e Vilarmaior. Así se recolle nos catros convenios asinados entre a responsable do departamento autómico Belén Prado, e os alcaldes destes municipios.

A Consellería de Emprego colaborará co Concello de Boimorto no equipamento do centro municipal de servizos sociais. Con este obxectivo o departamento autonómico achegará 20.000 euros ao municipio, que completará con case 10.000 euros o custo total da obra.

En Lousame o departamento autónomico subvencionará con 20.000 euros a reforma e o equipameno do centro social. O concello achegará 31.346 euros para estas actuacións.

Así mesmo, a consellería achegará ao Concello de Miño 18.000 euros para equipar o centro de servizos sociais da localidade. No municipio de Vilarmaior, o departamento de Emprego colaborará na construcción dun centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade cunha achega de 60.000 euros.

PLAN CONCERTADO

O financiamento autonómico dos centros realízase a través do Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais, que artella a cooperación económica e técnica entre a Xunta e os municipios nesta materia. Deste xeito, garántese unha rede pública de apoio social á que poden acceder dun xeito fácil e efectivo a través das corporacións locais todas as persoas, familias e colectivos, especialmente aqueles que se atopan en situacións de necesidade.

Os principais obxectivos do plan son garantir uns servizos sociais básicos a toda a poboación, construír unha rede pública de equipamentos sociais e cooperar cos distintos municipios para que poidan afrontar as súas competencias na xestión dos servizos sociais.

No presente exercicio, o Plan Concertado conta cun orzamento total de 18.698.324€. A achega da Xunta incrementouse nun 42% nesta lexislatura, beneficiando a máis de 400.000 usuarios.

SAÚDOS, GABINETE DE PRENSA DA CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Gabinete de Prensa da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia