Skip to main content

A Consellería de Familia négase a recibir ó alcalde e pode provocar a non apertura da nova escola de Perillo

A pesares das múltiples solicitudes de audiencia realizadas á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado por parte do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, esta institución autonómica continúa negándose a recibir ó máximo rexedor municipal.
O concello está a rematar xa a construcción da que será terceira Escola Municipal Infantil, para nenos de 0 a 3 anos, e que se empraza en Perillo –nas inmediacións da piscina municipal. As obras desta Escola foron sufragadas integramente polo concello, ascendendo o investimento a 797.785 euros. O alcalde solicitou en diversas ocasións unha entrevista con esta Consellería, de cara a que subvencionase a dotación de mobiliario, algo ó que está obrigada por lei (esta obrígaa a financiar as obras ou parte delas na construcción das Escolas nos concellos), e cuxo investimento ascende a tan só 117.316 euros. A Escola Municipal da Canteira, a nova Escola en Perillo, prevese abrir no vindeiro mes de setembro, e hai xa 110 nenos matriculados.
Sen embargo, a negativa da Consellería de recibir a García Seoane, podería impedir que o concello poida cumprir os prazos previstos. O alcalde, denuncia por esta razón, as políticas miserentas, partidistas e inxustificables de determinadas Consellerías da Xunta de Galicia, que en plena campaña electoral andan a falar da creación de escolas nos concellos galegos, cando sen ter aportado 1 só euro, nin sequera se dignan a aportar unha partida mínima para dotar a aquelas escolas xa construídas a cargo das arcas municipais, para que poidan entrar en funcionamento.
O alcalde de Oleiros afirma que, “se isto é máis do que nos queren dar, que o garden e se vaian”.
Concello de Oleiros