Skip to main content

A primeira promoción dun Master en Acuicultura en Galicia recibe os diplomas no Igafa

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, presidiu a entrega de diplomas á primeira promoción “Máster en Innovación Tecnolóxica da Producción e Xestión Acuícola” (MITGA) nun acto celebrado no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), situado na Illa de Arousa. Gracias a este curso organizado pola Xunta, o Cluster de Acuicultura e a Escola de Negocios de Caixanova, a industria acuícola galega conta con 25 novos especialistas preparados para participar no constante progreso deste sector na Comunidade. O proxecto contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

10.000 euros investidos en cada un dos 25 alumnos.-

O MITGA investiu aproximadamente 10.000 euros na formación de cada alumno. A metade foi costeada polos propios estudantes, mentres o resto foi aportado mediante a colaboración entre a Xunta, o Cluster de Acuicultura de Galicia e a Escola de Negocios de Caixanova.

A Consellería de Pesca prevé a organización dunha segunda edicción do MITGA o próximo curso. Como novidade, a intención da Xunta é reservar o 25% das plazas do próximo ano a estudantes foráneos procedentes de países cos que Galicia ten en marcha proxectos cooperación internacional pesqueira. Trátase así de reforzar os vínculos coas administracións dos estados nos que as empresas galegas teñen investimentos.

Prácticas en Noruega a través de AQUAREG.-

Os alumnos diplomados hoxe completaron máis de 800 horas de formación teórico-práctica, realizaron tres meses de prácticas en empresas e tiveron que presentar un proxecto final. No referido as prácticas, cómpre destacar que varios alumnos do MITGA perfeccionaron os seus coñecementos en compañías de Noruega, gracias ó programa AQUAREG e ás bolsas da Fundación Caixagalicia.

Materias da segunda edición do MITGA.-

Materias como seguridade alimentaria, tecnoloxías de producción, marketing e lexislación sobre acuicultura son algúns dos aspectos tratados na primeira edicción do MITGA, que comezou en setembro de 2003. O temario do próximo Máster voltará a incluír contidos sobre, por exemplo, patoloxía, técnicas de engorde, reproducción, cultivo larvario ou comercialización. A maioría das clases serán impartidas no IGAFA.

Ademais do conselleiro, no acto interviu o presidente do Clúster de Acuicultura, Fernando Aldan e o director da Escola de Negocios de Caixanova, Eduardo García. A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Rosa Quintana, tamén estivo presente neste acto.
Gabinete de Prensa da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia