Skip to main content

Loroestudio lanza un sistema para descargar no móbil os programas dos partidos políticos galegos

A través desta, permíteselles ós electores recibir nos seus móbiles o programa electoral dos grupos que concorren ás eleccións á Xunta de Galicia 2005. Con esta aplicación off-line, os usuarios poden acceder ós puntos máis interesantes de cada programa electoral, entrando no enderezo web de Loroestudio ou (a partir de finais de semana)
descargando as aplicacións mediante unha mensaxe cos termos "BNG", "PP" ou "EU" ó número 7505 (custe da mensaxe: 0,90 euros).
Para sacarlle proveito a este servizo non é preciso estar conectado a internet e, ademais, funciona sobre tódolos terminais que teñan capacidade para a descarga de xogos e aplicacións java (j2me), sen importar tampouco nin a marca do móbil nin a gama do mesmo. Esta iniciativa vai servir tamén, segundo os seus desenvolvedores, para valorar a aceptación e o uso das novas tecnoloxías por parte dos cidadáns, e o nivel de introdución de Galicia na Sociedade da Información.
Eganet