Skip to main content

A Cidade da Cultura, protagonista dunha exposición sobre arquitectura no Moma de Nova York

O proxecto da Cidade da Çultura de Galicia foi seleccionado polo Museo de Arte Moderno (MOMA) de Nova York para formar parte dunha gran exposición de arquitectura española que está preparando. A mostra, que se titulárá O límite de Europa: nova arquitectura en España, inaugurarase no mes de febreiro do vindeiro ano.

O Comisario de Arquitectura e Diseño do MOMA, Terence Riley, visitou as obras da Cidade da Cultura de Galicia o pasado día 3 de marzo e mostrou a súa admiración polo proxecto do arquitecto Peter Eisenman.

PROXECTO AMBICIOSO

Despois da súa visita por Galicia, Riley afirmou que, nestes intres, España é a punta de lanza da arquitectura actual e suliñou que a Cidade da Cultura de Galicia é o próxecto máis ambicioso e un dos máis complexos de cantos se están a realizar en Europa.

As obras da hemeroteca da Cidade da Cultura avanzan co ritmo previsto, polo que estará rematada a finais deste mesmo mes. Posteriormente, instalaranse os arquivos compactos para publicacións. Nestes momentos, hai catro edificios en construción e, en poucos días, licitarase o Teatro da Música e o edificio de Novas Tecnoloxías.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia