Skip to main content

Santiso Miramontes salienta que a Xunta dedicou máis de 140 millóns de euros a promoción do emprego autónomo

“O colectivo de autónomos que protagoniza esta mostra agrupa en Galicia a máis de 180.000 persoas e ten unha importancia fundamental no tecido empresarial galego, supoñendo arredor dun 70% do total de empresas establecidas na nosa Comunidade”, explicou o conselleiro.

A característica principal dos autónomos é “o autoemprego, que propicia a creación dun 40% dos novos empregos xerados cada ano e aporta 7.200 millóns de euros ao PIB nacional, segundo datos do 2002”, dixo Santiso Miramontes, quen tamén salientou que o Goberno galego “ten entre as súas prioridades o fomento e promoción de emprego autónomo e, de feito, nos últimos seis anos destináronse para ese fin máis de 140 millóns de euros que beneficiaron a uns 45.000 traballadores”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia