Skip to main content

Pesca tramita 550 solicitudes de axuda ó sector bateeiro por un importe de 17'3 millóns de euros

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos xa está a tramitar 550 solicitudes en relación coa convocatoria de axudas a investimentos no ámbito da acuicultura por un importe total de 17.324.000 millóns de euros.

López Veiga ven de remitir unha carta ó sector na que informa de que unha vez examinadas as solicitudes recibidas, e avaliados os importes de axuda, xa se procedeu a unha primeira selección que comprende 209 proxectos para novas construccións tanto de bateas coma de buques auxiliares.

Cómpre salientar que máis de 200 solicitudes incluíronse na convotacoria do pasado mes de decembro e 341 forman parte do proceso anterior. As previsións da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos son de conceder 75 novos expedientes de construcción de bateas; 54 de melloras e modernizacións destas explotacións, e 25 destinadas a embarcacións auxiliares.

A metade do esforzo destinado a axudas beneficia ó sector bateeiro.-

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos destinda este ano un esforzo total en materia de axudas á acuicultura de 34,5 millóns de euros. Desa cantidade, o 50,15% destinarase ó sector mexilloeiro.

A misiva tamén poñe en coñecemento dos interesados que aqueles que ainda non achegaran a totalidade da documentación requerida, deben remitila no prazo máis breve posible, para que a súa solicitude poida ser atendida.Tamén se lles informa de que a resolución dos expedientes que se atopan pendientes de revisión será comunicada ós solicitantes próximanente.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia