Skip to main content

Pesca destina 27.585 euros á mellora da comercialización do bonito pescado artesanalmente

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, presidiu a firma de tres acordos de colaboración para a introducción do sistema de etiquetado que garanta a identificación e trazabilidade na comercialización do bonito pescado de forma artesanal. López Veiga asinou este protocolo cos responsables de Lonxa de A Coruña, Severino Ares; O.P.P. Porto de Celeiro, José Novo; e Armadores de Burela, Angel Fernández. Pesca destina a esta iniciativa 27.585 euros.

Mediante este convenio as tres entidades comprométense con Pesca a implantar o sistema de etiquetado nas lonxas, entregando á Consellería un informe pormenorizado das accións realizadas e dos resultados obtidos. As tres entidades realizarán tamén un seguemento conxunto do desenvolvemento das accións coa Consellería.

Para o cumprimento do fin destes protocolos, Pesca destinadará a cada entidade a seguinte dotación económica:

LONXA DE A CORUÑA: 3 245,4 euros
O.P.P. PORTO DE CELEIRO: 2 705,5 euros
ARMADORES DE BURELA S.A:. 21 636 euros

O acordo ten vixencia ata o 15 de novembro de 2005, e o reparto da dotación económica destinada realízase en función do volumen de bonito que se manipula en cada porto.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia