Skip to main content

241 emigrantes galegos en Sudamérica regresan á súa terra nunha nova edición do Programa Reencontros

241 emigrantes galegos en Latinoamérica regresaron a Galicia gracias ó Programa Reencontros, unha iniciativa da Xunta que permite que, cada ano, ducias de paisanos residentes no exterior –e máis os seus cónxuxes- poidan atoparse de novo coa súa terra e coa familia que deixaron aquí.

CINCO PAÍSES

A chegada destes 241 emigrantes galegos, todos eles maiores de 60 anos, produciuse en varias datas, atendendo ó país de procedencia. Así, os doce participantes que viaxaron desde Brasil están en Galicia desde o pasado mércores 22 ó igual que os 19 participantes cubanos, os 18 venezuelanos viaxaron o luns 21 e os arxentinos e uruguaios fixeron o propio en dous vóos que aterraron en Santiago o xoves 23.

VOLTA ÁS ORIXES

O programa Reencontros ofrece a posibilidade de volver ve-la súa terra e as súas familias a galegos residentes en Latinoamérica que levan anos afastados de Galicia, pero que seguen mantendo aquí lazos sentimentais e sanguínios.

A Consellería de Emigración encárgase de programar, convocar, publicitar e executa-lo programa; coordina-los distintos Centros Galegos para que difundan a súa existencia e reciban as solicitudes; selecciona-los beneficiarios e financia-las viaxes.

Unha das modalidades de Reencontros e a de “Axudas para viaxes”, á que pertencen estes beneficiarios que chegan o luns. Nesta modalidade concreta, Reencontros baséase na concesión de axudas por valor do 50% da pasaxe entre os seus países de residencia e Santiago de Compostela, agás no caso dos residentes en Cuba, que reciben axudas por valor do 80% da viaxe. Á súa chegada, os participantes son acollidos polas súas familias galegas, por un periodo máximo de tres meses.

Tódolos participantes teñen máis de 60 anos, levan moito tempo sen visitar Galicia e están en situacións económicas que os fan precisar das axudas institucionais para poder ver novamente a súa terra.
Gabinete da Consellería de Emigración da Xunta de Galicia