Skip to main content

A SGAE retirou a demanda contra o concelleiro de Turismo de Oleiros, Antón Tenreiro












A Sociedade General de Autores y Editores de España, SGAE, retirou a demanda que tiña interposta contra o concelleiro de Turismo, Deportes e Xuventude de Oleiros, Antón Tenreiro, por faltas á honra da Sociedade despois dunhas declaracións feitas por este nun xornal galego, tralo intento de cobro do canon que a SGAE pretendeu lograr despois de celebrar un concerto con fins solidarios.

A retirada da demanda foi precedida dun acordo ó que chegaron ámbalas partes, e que implica a retirada por parte de Antón Tenreiro das descualificacións verquidas contra a SGAE –xa as tiña retirado en anteriores ocasións-, e deste acordo, o representante desta entidade en Galicia, Javier Vidal, e máis Tenreiro, darán conta o vindeiro 5 de xullo no Centro Cultural A Fábrica, ás 12,00 horas, en Rolda de Prensa.

A SGAE, por outra banda, recoñece o lexítimo e irrenunciable dereito de crítica pública e discrepancias que asiste a Antón Tenreiro, e considérase satisfeito nas súas pretensións renunciando á esixencia de indemnización (12.000 euros solicitaban) ou compensacións económicas. Este acordo foi asinado en Madrid o pasado xoves 23 de xuño.

Así pois, haberá que esperar ó 5 de xullo para coñecer, para coñecer de boca dos respectivos representantes institucionais os contidos deste acordo.

Gabinete de Comunicación do Concello de Oleiros (A Coruña)