Skip to main content

A Consellería de Emigración renova o seu compromiso coa diáspora emprendedora na xuntanza dos foros bilaterais Arxentina-Galicia

Durante tres xornadas- do 4 ó 7 de xullo- empresarios, xornalistas e persoeiros do mundo económico e cultural de ámbolas dúas beiras do Atlántico intercambiarán impresións e estudiarán as posibilidades de negocio no marco do Foro Bilateral Arxentina- Galicia organizado pola Consellería de Emigración.

A xuntanza partiu da base innegable de que a diáspora galega asentada na Arxentina está articulada en torno a núcleos de interese común liderados por galegos relevantes de primeira, segunda ou terceira xeración afincados na capital uruguaia. De aí, que se facilite que se poidan cimentar eficazmente diferentes propostas para vertebra-la presencia de Galicia no país latinoamericano, máis aló da súa pertenza ou vinculación con entidades asociativas da diáspora.

Nun tempo en que a presencia exterior resulta unha dimensión clave para consolidar o progreso social e para afrontar nas mellores condicións posibles o desafío internacionalizador de mil e unha actividades, Galicia é consciente do inmenso patrimonio que representa a súa diáspora. Esa conciencia, reforzada cunha organización e métodos de traballo e de acción modernos, han de permitirnos optimizar esa presencia en beneficio de todos os galegos con independencia do seu lugar de residencia.

As dinámicas internacionais afondan cada vez máis nos mecanismos cooperativos que favorecen o intercambio de coñecementos, perspectivas, etc. Neste sentido, os Foros Bilaterais convértense nun lugar de encontro e de coñecemento onde se fai operativa a cooperación entre os países de destino dos emigrantes galegos e con Galicia.

NOVA CANLE PARA CAPTAR INVESTIMENTOS EMPRESARIAIS

A promoción da economía galega facilitando o investimento empresarial na nosa comunidade é un dos obxectivos principais do programa de cooperación empresarial multisectorial promovido pola Consellería de Emigración.

Esta intercomunicación desenvólvese en distintos ámbitos, pero é especialmente no ámbito empresarial onde máis se está materializando esta colaboración, en diferentes sectores como a pedra, a pesca, turismo etc., polo que se estima necesario poñer os mecanismos axeitados para canalizar esta vontade de cooperación empresarial en beneficio da comunidade galega. Así, empresarios galegos asentados no país austral levarán a cabo encontros nos que se afondará na análise xeral e sectorial da economía galega buscando reforzar as vías de captación de investimentos

O Foro Arxentina – Galicia e o quinto que se celebra co formato antes indicado. Nos años 2003 y 2004, celebraronse en Venezuela, México e Brasil, e a mediados de maio tivo lugar o Foro Bilateral Galicia-Uruguai.

A súa estructura comprende tres grandes ámbitos: o empresarial, o cultural e o eido social. Nunha primera xornada común, a celebrar o martes, día 5 de xullo, o Foro achegarase o coñecemento mutuo, a través de ponencias relacionadas cos aspectos máis relevantes do mundo empresarial e cultural de ambos países.

Na maña deste primeiro día, e logo da inauguración, do Foro polas autoridades invitadas, haberá catro conferencias que versarán sobre a Actualidade Económica e Empresarial da Arxentina e as Relacións de Galicia coa Arxentina.

Xa na xornada da tarde estará adicada xa a encontros específicos dos sectores empresariais, culturais e sociais.

ÁMBITO EMPRESARIAL

Por parte gallega, estará presente o Presidente da Confederación Galega de Empresarios e 40 empresarios dos sectores seguintes: Forestal- industria da madeira, pesca, hotelería e turismo, inmobiliario, conxelados, consignatarios, consultoría e Servizos, entre outros.

A delegación galega xuntarase con 25 empresarios galegos e 60 empresarios arxentinos que actuarán de contraparte. Realizaranse así 6 mesas sectoriais nas materias sectoriais apuntadas.

O FORO CULTURAL

Polo que se refire o mundo da cultura, estará integrado por 25 persoas de Galicia, representantes do xornalismo, a literatura, o mundo editorial, as humanidades, a universidade, o asociacionismo etc.

Participarán en diversas táboas redondas e conferencias con personalidades destacadas do mundo cultural arxentino, así mesmo terá lugar a inauguración de varias exposición relacionadas coa emigración galega na Arxentina.

INTEGRACIÓN DE INMIGRANTES E RETORNADOS

Por parte galega estarán presentes os representantes de seis entidades que veñen desenvolvendo traballos de integración e inserción no mercado laboral de emigrantes retornados e inmigrantes.

O programa social inclúe unha serie de conferencias e táboas redondas con representantes arxentinos que están a traballar no campo dos servizos sociais arxentinos.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Emigración da Xunta de Galicia