Skip to main content

O Pesca 2 evacúa con éxito a un tripulante perdido do arrastreiro Nuevo María Lourdes

O helicóptero Pesca 2, do Servizo de Gardacostas de Galicia, rescatou a un tripulante ferido do barco Nuevo María Lourdes que se atopaba a 167 millas ó noroeste do porto lucense de Celeiro. Este buque arrastreiro ten o seu porto base en Marín, segundo recolle o Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Traslado ó Hospital da Costa.-

O Pesca 2 partiu da súa base no porto de Celeiro ás 20:40 horas do luns. O rescate finalizou con éxito ás 00:00 horas, do martes, co traslado do mariñeiro ferido ó Hospital da Costa de Burela. A operación púxose en marcha tras recibir, o helicóptero da Consellería de Pesca e AsuntosMarítimos, un aviso de Salvamento Finisterre que alertou ó equipo desalvamento.

O tripulante accidentado do arrastreiro Nuevo María Lourdes tiña unha perna rota e atopábase medicado no momento do rescate. Ante a importancia da lesión, foi necesario o seu traslado ó centro sanitario.

O rescate do mariñeiro non estivo exento de dificultades debido ás condicións meteorolóxicas, o vento era de 35 nós e as ondas de 4 metros de altura. A pericia e a experiencia dos pilotos do Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos foi fundamental para o desenlace positivo da operación fronte ás condicións do tempo.

Foto: Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia