Skip to main content

O presidente da Xunta manifesta o seu apoio e solidariedade ao primeiro ministro e ao pobo británico tralos atentados

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, trasladou no seu nome e no nome de todo o pobo galego a súa tristeza e solidariedade ao Primeiro Ministro británico, Tony Blair, ao “seu Goberno” e a todo o “pobo británico” tralos actos terroristas rexistrados esta mañá en Londres.

“É con grande tristura e profunda dor coa que lle escribo a vostede, ao seu Goberno e ao pobo británico, de quen é vostede tan honorable representante, coa finalidade de expresar, no nome de todos os cidadáns de Galicia, as nosas máis sentidas condolencias polos ataques terroristas que tiveron lugar hoxe en Londres”, sinalou o máximo mandatario autonómico no telegrama enviado.

Así mesmo, Manuel Fraga reiteroulle ao Primeiro Ministro británico o seu “total apoio e solidariedade” na loita contra o terrorismo, dixo, “en todas as súas manifestacións”. “Unha vez máis –engadiu- acepte as nosas más sinceras condolencias e apoio”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia