Skip to main content

Fallado o I Premio Literario Frei Martín Sarmiento

O premio, que consta de varias categorías, recoñece as mellores obras de literatura infantil e xuvenil publicadas en lingua galega durante o ano 2003. As obras gañadoras, todas elas da editorial Xerais, foron:

• Categoría de8 a10 anos
LOUREIRO, Ánxela, Ota quere voar, il. Santiago Eiroa Palos, Xerais.

• Categoría de11 a13 anos
MIRANDA, Xosé e REIGOSA, Antonio Contos de parvos e pillos, il.
Marcela Santorum, Xerais.

• Categoría a partir de 14 anos
LOURENZO GONZÁLEZ, M., Irmán do vento, Xerais.

Para a distribución de categorías e a selección de obras, os organizadores tomaron como referencia a clasificación que cada ano
publica a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). O xurado, que estivo composto por 121 alumnos e alumnas de diversos centros de FERE-CECA Galicia da zona da Coruña, tivo que escoller en cada unha das categorías entre tres obras publicadas no 2003.Os rapaces e rapazas leron as obras, segundo a súa franxa de idade, e puntuáronas sobre 10. Resultaron gañadoras as que antes se mencionaban.
A comezos do curso 2005/2006 levarase a cabo a entrega do premio nun colexio da cidade da Coruña. Farase na cidade herculina
porque nesta primeira edición o Premio Literario Frei Martín Sarmiento estivo limitado aos centros de FERE-CECA Galicia da zona da Coruña. Na próxima convocatoria o premio estará aberto a todos os centros de FERE-CECA Galicia, máis de 120, que desexen participar.
O premio, que vivía neste curso a súa primeira edición, forma parte das inciativas que FERE-CECA Galicia está a poñer en marcha como consecuencia do Plan de Normalización Lingüística que se aprobou na súa asemblea do ano 2004.
Secretaría de Medios de Comunicación del Arzobispado de Santiago de Compostela