Skip to main content

A residencia de maiores de San Lázaro terá capacidade para 152 persoas e contará cun centro de día

O complexo residencial estará rematado a mediados do mes de agosto e conta con capacidade para 152 persoas asistidas. Realizouse ao amparo do convenio Igape polo que o 60% destas prazas serán concertadas coa Xunta de Galicia. As instalacións inclúen un centro de día para 40 usuarios.

No marco do convenio co Igape está previsto que ao final de 2005 estean en funcionamento 10 centros similares ao de Santiago o que suporá un total de 900 prazas sostidas con fondos públicos en toda Galicia. Ata hoxe xa están en marcha a de Ribadumia, Vilaboa, A Guarda e Láncara. Próximamente poranse en funcionamento ademais da de Santiago as de Vigo, Ferrol, Noia e Carballo.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia